Pantis

Xoves_10_Agosto

Biografía

Pantis é o proxecto en solitario de Rubén Domínguez, que formou parte de bandas tan imprescindibles na nova escena musical galega como Metralletas Lecheras, Telephones Rouges ou, máis recentemente, Chicharrón. Tras un período de experimentación e liberdade artística no que Rubén foi explorando novos camiños eléctricos, en 2016 publica Pranto, un traballo sobresaínte que conxuga electrónica, kraut, pop, poesía, intimismo e beleza.
Pantis chega ao Noroeste Estrella Galicia cunha selección de temas armados a base de sintetizadores, ritmos frenéticos e letras en galego, cos que percorre “espazos pechados e minúsculos, nos que as reminiscencias ao pasado, a erosión do tempo, o amor e as perdas persoais e vitais, conforman un mosaico de “non-lugares” nos que mergullarse con versos cargados de fortes imaxes, descricións oníricas e paisaxes interiores”.
000