Prexton

Martes_8_Agosto

Biografía

Prexton é Eduardo Casero, un guitarrista e cantautor cacereño que vive a cabalo entre a súa cidade natal e Galicia e que, tras pasar por diferentes bandas de moi distintos estilos como o folk, o hip hop ou o ska, decide en 2013 emprender a súa carreira en solitario con total liberdade creativa. Orienta esta nova etapa ao pop-folk de autor, que o sitúa nos podios de certames musicais tales como o Santiautor ou o festival MúsicaXove en 2015.
A principios de 2016 Prexton firma polo selo independente Moucho Records e, en outubro do mesmo ano, lanza o seu primeiro disco de estudio, 42, producido e gravado nos Drum&Roll Studios da Coruña. Desde entón, son moitos xa os que se renderon ás virtudes das súas composicións, así que atentos, atentas, porque pode ser un dos proxectos pop-folk do ano.
000