Proyecto Moucho

Domingo_13_Agosto

Biografía

Con a penas un ano de vida, este trío de A Coruña pasou de actuar nas rúas da súa cidade a facelo en escenarios de toda a provincia. Martín Sánchez (voz e guitarra acústica), Jorge Salgado (Guitarra, harmónica e coros) e Gerardo González (percusión) versionan cancións de bandas tan dispares como The Black Keys, Kings of Leon, Johnny Cash, Phil Collins ou M-Clan, pero sempre dando ese toque persoal a base de guitarra acústica e caixón que lles confire un estilo propio. Este ano participaron no XI Festival Solidario “Coruña en Directo” e gañaron o concurso que realizou a organización deste evento, o que lles permitirá gravar un EP proximamente.
000