Puma Pumku

Venres_11_Agosto

Biografía

Con referencias en Deerhunter, Pink Floyd, Can, Neu!, Tame Impala, King Crimson, Beach Boys ou The Beatles, a banda composta por Amadeo Varela (guitarra e voz), Óscar Raña (batería), Coque Dosil (guitarra), Francisco Varela (teclados) e Pamper Cavero (baixo) acadan un son directo ás entrañas e son aplaudidos polos amantes do pop psicodélico. O directo é o punto forte do grupo, onde crean unha atmosfera delicada e adictiva que hipnotiza coma se flotases no espazo. Publicaron Is It in You? despois dun exitoso proxecto de crowfunding. Producido por Roberto Mallo e Rodrigo Caamaño, o disco ten dúas edicións: unha con nove cancións e outra, especial, cun tema máis e en vinilos únicos de cores.
000