Rodrigo Leão

Mércores_9_Agosto

Biografía

Exquisitez pop e sensibilidade chea de melancolía. Versátil e inquedo, o músico e compositor lisboeta sempre é garantía á hora de crear atmosferas sonoras máxicas. Tras un disco –Life is Long– cun bo amigo, o músico australiano Scott Matthew, en 2017 Leão regresa á súa faceta pop máis simple. Entendendo simple como sinónimo de lixeireza e falta de artificios. Un formato íntimo que unicamente contemplará tres instrumentos: guitarra, baixo e batería. Ademais, nesta nova xira acompañaranlle ás voces Ana Vieira, quen xa compartiu escenario e estudo de gravación co portugués entre 2004 e 2010. Un celebrado reencontro para interpretar cancións extraordinarias de discos como Cinema (2004), A Montanha Mágica (2011) ou A mãe (2009), amén de pezas dun dos seus últimos traballos, A Vida Secreta Das Maquinas (2015).
000