Rolling bowling

Mércores_9_Agosto

Biografía

Este singular trío rockabilly con base en Beijing (China) é coñecido polo seu marcado sentido da estética vintage, a súa voz grave e a vibrante enerxía dos seus directos. Como eles mesmos afirman: “a nosa música é neo-rockabilly, é dicir, rockabilly mesturado con outros estilos de rock, coma o ska e o punk. Ao principio, tratamos de tocar como unha banda tradicional de rockabilly, pero pouco a pouco engadimos novos estilos que gozamos, como o punk da vella escola, o bluegrass ou o rockabilly tradicional de 1950”.
Os Rolling Bowling atópanse actualmente inmersos nun tour por Europa, mentres preparan o lanzamento dun novo LP, que inclúe dous temas propios e unha canción da banda psychobilly española 13 Bats. Sobre as súas referencias artísticas amósanse entusiasmados con Brian Setzer, o líder de The Stray Cats. Contan que escriben as súas cancións cunha actitude punk, pero que queren expresalas dunha maneira máis artística, a través da moda e da cultura vintage de hai case sete décadas. No 31 Festival Noroeste Estrella Galicia amosarán o seu lado máis sexy e salvaxe, cun directo imprescindible para todos os amantes do rock dos anos 50 e 60.
000