Romance

Mércores_9_Agosto

Biografía

Romance é una banda de punk rock formada na Coruña a finais de 2015, tras a repentina disolución de Perpetuo Socorro. Sara (voz e sintetizador), Emilio (guitarra) e Analís (batería e voces) continúan quedando para ensaiar e compoñer novas cancións. Poucos meses despois, incorpórase Alberto ao baixo e consolídase o cuarteto. A primeira maqueta grávase en novembro do ano pasado por Zippo (TAB) e en 2017 comezan a debutar ao vivo. Á voz aguda e afiada de Sara e á contundencia de Analís únense a rítmica frenética de Emilio e a solidez de Alberto, transmitindo coas súas letras toda a súa actitude punk no escenario.
000