Rosalía & Raül Refree

Martes_8_Agosto

Biografía

Rosalía & Raül Reefre poñen patas arriba o panorama musical español coa súa proposta de flamenco experimental, Los Ángeles. Ela posúe unha das voces máis novas e máis prometedoras do flamenco actual, que namora e emociona coa riqueza dos seus matices. El é un mestre da experimentación instrumental, referencia da guitarra e da produción musical. Xuntos camiñan pola fina liña que separa a tradición da experimentación, para levar o público a un lugar no que non existen os límites do purismo.
Rosalía é moi nova, pero leva xa más de dez anos demostrando a súa arte e a súa versatilidade sobre os escenarios, colaborando con artistas como Rocío Márquez, Chicuelo, Fura dels Baus ou o rapeiro madrileño C. Tangana. Raül Refree, pola súa banda, participou nalgúns dos discos más importantes dos últimos anos, xunto con Silvia Pérez Cruz, Kiko Veneno, La Mala Rodríguez, Christina Rosenvinge ou Lee Ranaldo (Sonic Youth).

Retirada de entradas

As entradas estarán a disposición dos seguidores da banda o día previo ao concerto (Luns 7 de agosto) no quiosco municipal da Praza de Ourense (máximo dúas entradas por persoa ata fin de existencias). O horario para a recollida de entradas será:

  • De 09.30 a 13.00 h
  • De 16.30 a 19.30 h

Sortearanse ademais entradas dobres a través das redes sociais (Facebook e Twitter) do Festival Noroeste Estrella Galicia o día previo a cada concerto.

A apertura do Castelo de Santo Antón terá lugar una hora antes do inicio da actuación. Prégase ao público que acceda ao recinto ao menos 30 minutos antes do comezo do concerto.

000