Salmiak

Xoves_10_Agosto

Biografía

Salmiak fai referencia a un doce nórdico de cor escuro e sabor desagradable. Características que a banda quere replicar cos seus sons. Arroupados por ritmos machacóns, graves montañosos e cacofonías estridentes, este grupo coruñés conta con influencias como Godflesh, Swans e Esplendor Geométrico, así como todo o industrial e o noise en xeral. Encántalles improvisar sobre as súas bases, polo que os temas nunca volven soar igual. Quizais é por iso polo que aínda non atoparás nada seu na rede. Entre as súas mensaxes, unha importante dirixida ao público: “se tes os oídos sensibles, é recomendable que non esquezas os tapóns”.
000