Salto

Xoves_10_Agosto

Biografía

O primeiro traballo unipersoal de Germán Salto evoca grandes clásicos como The Beatles, Beach Boys, The Kinks ou Neil Young cunha manchea de cancións máxicas que combinan a herdanza anglosaxona e a tradición norteamericana. O cantante, compositor e músico madrileño formou parte de bandas como Serpientes, Hairy Ladies ou Timón, e foi guitarrista con R. Von Timón e Willy Tornado. Esta vez, dá un paso cara adiante ao interpretar os seus propios temas, compostos en diferentes viaxes e sobre o mesmo ceo, como piloto de avión. Salto é un traballo de matices que atrapa dende os primeiros acordes, con melodías magnéticas e cautivadoras. Elegante tratamento de guitarras e fina sutilidade no son, pop sixtie de impecable retrouso e con aires folk que endozan sen cargar.
000