Samesugas

Xoves_10_Agosto

Biografía

Samesugas, 18 anos dando guerra co garage, punk e rock’n’roll. Desde aquel verán de 1999 no que se formou a banda en Compostela teñen percorrido toda a xeografía galega e acumulan múltiples xiras en Portugal, en Euskadi e no resto da Península Ibérica. Criados no hardcore underground dos anos 90, mantéñense alleos a modas e a poses con letras en galego e en inglés. Alex á batería, Ramón á guitarra, Alberte ao baixo e á voz, e Joaquín á voz e á guitarra, editaron tres traballos longos en solitario: Machine in your brain, Alá vai e They are out there, ademais de participar en diferentes iniciativas, coma o Manifesto Dobarrista: Un Disco Tributo a Andrés do Barro (Falcatruada, 2007), disco homenaxe a Andrés do Barro onde se reuniu o mellor da escena independente galega, e o Split, con The Homens versionándose mutuamente.
000