Seward

Xoves_10_Agosto

Biografía

Percusións tradicionais e baterías experimentais, un banjo con distorsión e efectos, unha voz con moitas personalidades, guitarras eléctricas, extractos manipulados de discursos, conversacións e películas, artefactos sonoros, gravacións de campo, un contrabaixo e, en ocasións, ata unha sección de ventos libres… En Mondosonoro describen o directo de Seward como “xenial, efervescente, potentísimo e chalado, inclasificable e contaxioso, máxico, único, encantador… sempre quedan ganas de máis”. A Rockdelux, pola súa banda, reseña o seu último disco como “unha apaixoante viaxe emocional e espiritual arredor das músicas populares”. No Noroeste Estrella Galicia ofrecerán, simplemente, unha performance inesquecible.
000