Swans

Martes_8_Agosto

Biografía

Sonidos viscerais desde as profundidades do post-rock experimental. Os veteranos Swans -formados en Nueva York no xa afastado 1982- están a aproveitar ao máximo a súa segunda vida. Desde que se volveran a xuntar en 2010, tras trece anos seguindo camiños separados, non deixaron de gravar e tocar en directo. Primeiro foi My Father Will Guide Me up a Rope to the Sky (2010), ao que seguiron The Seer (2012) e To Be Kind (2014), antes de facturar o seu último disco ata o momento, The Glowing Man (2016). Unha regularidade e unha disciplina dignas de encomiar para unha formación que leva na brecha máis de trinta anos. A banda liderada por Michael Gira, no seu día incluída na escena No Wave con outros exemplos como Sonic Wave ou Mars, practicou sempre un estilo baseado no rock experimental con alta dose de distorsión, aínda que cunha tendencia natural cara ao risco e a exploración. En 2017, ademais, remasterizouse e reeditouse un dos seus discos máis célebres, The Great Annihilator, de 1995.
000