Terrier

Sábado_12_Agosto

Biografía

A Lili “La duquesa” (voz e órgano), Enrique Gutiérrez “Don Matías” (batería), David Iñurrieta “Dave Petrone” (guitarra e voz) e María Manolí (baixo e voz) gústalles bailar ao tolo e sorrir incorruptiblemente. As súas cancións liberan de angoxas cotiás, converténdose en hits impactantes e revitalizadores. A súa historia é curta, pero intensa. Levan anos tocando na capital en diferentes bandas (dous compoñentes veñen do garage, un do heavy e outro do pop), pero é en 2012 cando gravan o seu primeiro  EP. Chegan ao Noroeste Estrella Galicia co seu segundo longo debaixo do brazo, La Plaga. Entre as súas influencias: The Raveonettes, Broadcast, Os Mutantes, Beach Fossils, Girls Names, The Fresh And Onlys, Shannon And The Clams, Deerhunter ou The B-52’s; pero é a súa personalidade propia a que se impón. Evolí, Tus ojos son puñales, Déjate brillar, Aliento final, Gafas estrábicas ou Dos cabezas son algúns dos temas que non debes deixar escapar.
000