The allnight workers

Martes_8_Agosto

Biografía

The allnight workers naceu en 2010 sobre o amor polo swing, o jazz ou o rhythm & blues dos seus integrantes. Eles son Roi Fontoira (voz e guitarra), Néstor Pardo (voz e guitarra), Santi González (saxo), Jorge González (baixo), Nando González (trompeta) e Martín López (batería). Gravaron This only happens once (2010) e Do it again, please! (2012) en Berlín, de maneira analóxica, tocando todos ao mesmo tempo. Unha perfecta mestura de acordes e unha dinámica e atrevida interpretación lles caracteriza. En definitiva, rock and roll, twist, swing e soul sen trampa nin cartón. Un bulebule que derruba barreiras e nos leva ao infinito en contundencia e intensidade, para caer rendidos aos seus pés. Saben, poden e fano.
000