The Preachers

Mércores_9_Agosto

Biografía

The Preachers é unha banda de garage coruñesa nada a finais do ano 2015. Os seus membros proceden doutras formacións como Los Válvulas, The Fuzzbombs ou Primrose. Apaixoados do garage máis pantanoso, o blues-rock máis crú e o rock de raizame setenteira, comezan a súa andadura conxunta versionando a algunhas das súas bandas favoritas para, poucos meses despois, rexistrar o seu primeiro e único traballo ata a data, composto por dúas cancións. Na actualidade atópanse compoñendo temas para o que será o seu primeiro longa duración, que verá a luz a finais de 2017.
000