The soul jacket

Xoves_10_Agosto

Biografía

The Soul Jacket é unha banda de rock and roll clásico con cancións de raíces americanas que traslada ao delta do Missisipi. Con certa cadencia rythm and blues, a música de Toño López (voz), Mauro Comesaña (batería e coros), Jorge Mizer (guitarra e coros), Jann Zerega (baixo), Guillermo Gagliardi (guitarra) e Xabier Vieitez (teclado) está salpicada por sons negros. A banda, que  recolle a testemuña de The Band, dos Black Crowes ou da Creedence Clearwater Revival, nace en 2004 entre as localidades pontevedresas de Vigo e Nigrán, aínda que ata 2012 non autoeditan o seu primeiro traballo, Wood Mama. Un ano despois lanzaron o EP Gunpowder Valley e en 2014 chegou o seu segundo LP, Black Cotton Limited. O pasado mes de marzo publicaron o seu novo álbum, homónimo, onde seguen destilando ese son americano que incorporaron a un estilo propio cargado de matices.
000