Tórtel

Xoves_10_Agosto

Biografía

Tórtel é o nome propio do proxecto de cancións de Jorge Pérez. Os seus primeiros álbumes estiveron nas listas do mellor do ano e serviron para definilo como un gran compositor, capaz de mesturar con personalidade desde o folk de aires mediterráneos á psicodelia ensoñadora, pasando polo pop actual máis inquedo e explorador. Transparente, o seu novo traballo, chega ao escenario do Noroeste Estrella Galicia cargado de samples e trazos melódicos que culminan na cálida voz do valenciano. Unha fórmula sinxela que, aderezada con esa imaxinería tan poderosa das letras, converteuse no selo de calidade de este autor que non desiste no seu empeño de abrir camiño a cada paso que dá.
000