Travesti afgano

Xoves_10_Agosto

Biografía

Formados en 2012 da unión de dous grupos míticos da escena galega, Lobishome e Metralletas Lecheras, os Travesti Afgano defínense como “unha célula da Yihad musical underground galega, formada por catro muyahidines da sexualidade e do amor libre”. Son Rafa Anido (guitarra, teclado e voz), Marcos Martínez (baixo), Luismi González (guitarra e voz) e Camilo Fraga (batería), e xuntos camiñan a contracorrente, vinculados a todo o mundo e indo por libre por decisión propia.
Chegan ao Noroeste Estrella Galicia co seu segundo LP debaixo do brazo: Nos vale madre, o seu traballo máis introspectivo. Nel desmárcanse un pouco incluso de si mesmos, máis experimentais, con voces agresivas e melódicas, guitarras grosas e rachadas e suntuosas baterías que cobran protagonismo.
000