Valgeir Sigurðsson

Xoves_10_Agosto

Biografía

Valgeir Sigurðsson é un compositor e produtor islandés. Podería describirse como un post-minimalista cunha sensibilidade post-punk e unha fascinación polo glitch e a improvisación. Músico clásico de orixe, cun grande coñecemento do extraordinario potencial da electrónica e un descarado amor polo weird pop, Sigurðsson é un inspirado facedor dunha espectacular música septentrional, de música soul sorprendente, dun complexo e visceral folk. Ao seus tres álbums en solitario –Ekvilibríum‘ (2007) Draumalandið (2010) e Architecture of Loss (2013)-, lles seguiu este ano o traballo Disonance. Experto en xerar bandas sonoras para películas ou pezas de orquestra de cámara, traballou tamén para instalacións de teatro, música e danza. Grazas á súa comprensión de cara a onde se está a mover a música moderna, as súas colaboracións inclúen a Björk, Bonnie ‘Prince’ Billy, Feist, Damon Albarn, CocoRosie, Sigur Rós, Jóhann Jóhannsson ou Brian Eno, entre outros.
000