Wild animals

Martes_8_Agosto

Biografía

En menos de tres anos, Wild Animals converteuse nunha das bandas máis internacionais do panorama underground madrileño. O grupo, formado desde 2014 por Paula (batería e voces), Fon (baixo) e Jamie (guitarra e voces), marca o seu son nunha clara influencia do indie e do punk dos 90’s, cun característico son de guitarra con fuzz, voces melódicas e enerxéticas bases rítmicas que hipnotizan en cada directo. Aterran na Coruña co seu LP de debut baixo o brazo, Basements: Music to fight hypocrisy, un traballo que abandeira o movemento DIY e que homenaxea os sotos “onde hai tantos anos que pasan cousas”. Despois, tras completar a súa terceira xira por Europa neste 2017, Wild Animals cruzará por primeira vez o charco para realizar cinco concertos en Xapón.
000