Wild Honey

Sábado_12_Agosto

Biografía

Guitarras eléctricas e acústicas, sintes, baterías, pianos, arranxos de trompeta e fliscorno… e coros, moitos coros. Ritmos tropicais e emocións bisbeadas ao oído que che transportarán ao cine en technicolor dos 60 ou a unha pollparty con cócteles de cores e bañadores estampados con palmeiras. Melodías sinxelas, directas, pegadizas. Pop bonito de verán que faise familiar dende o primeiro momento. Todo iso e moito máis ofrece Guillermo Farré,  cantante, compositor, multi-instrumentalista e cerebro que se agocha detrás do alias Wild Honey, no seu terceiro traballo, Torres blancas, para o que contou con Sean O’Hagan (The High Llamas, Stereolab) e máis co xenio do lo-fi pop Frank Maston. Unha viaxe a unha era tinguida de rosa na que as harmonías vocais soan edificantes sobre melodías melancólicas.
000