Window pane

Xoves_10_Agosto

Biografía

Con nada menos que 20 anos coa mesma formación, os ferroláns Window Pane: Lorena (batería e voz), Mito (guitarra), Chechu (baixo e voz) e Willi (guitarra e voz) presentan 4, un dobre vinilo autoeditado este 2017. Nel atopamos cortes realmente eclécticos que van dende os 11 viscerais minutos de Fireblood á acústica Secrets, evitando sempre o predicible e deixando fluír a creatividade. Os catro integrantes da banda encárganse da composición, de aí a variedade estilística que lles enriquece. Entre os seus gustos: Led Zeppelin Physical Graffiti, The Beatles White Album, Hüsker Dü Zen Arcade, Pink Floyd The Wall, The Clash London Calling, Can Tago Mago, Stevie Wonder Songs In The Key of Life. Deixando atrás o efémero da moda, un grupo honesto como Window Pane chega con ganas ao escenario do Noroeste Estrella Galicia. Intensidade, emotividade, melodía e ritmo están asegurados.
000