Aviso legal

TITULARIDADE DO SITIO WEB

En cumprimento da Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico (LSSICE), Ley 34/2002 de 12 de Outubro, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio: http://www.festivalnoroeste.com/

Titular: Excmo. Concello da Coruña

Enderezo Social: Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña. Galicia. España. Unión Europea.

Teléfono: (+34) 981 184 200

E-mail: noroeste@coruna.es

CIF: P-1503000J

 

CONDICIÓNS XERAIS DE EMPREGO

  1. CONDICIÓNS E LIMITACIÓNS DE USO

O CONCELLO DA CORUÑA resérvase o dereito de actualizar os contidos da páxina web e eliminalos, así como de limitar e impedir o acceso aos mesmos, xa sexa temporal ou definitivamente, sen previa notificación.

O emprego da presente páxina web atribúe a condición de usuario da páxina web (en adiante o Usuario) e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas en este Aviso Legal no momento mesmo no que o Usuario acceda á páxina web.

O Usuario comprométese a empregar a páxina web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lei, co presente Aviso Legal, coas condicións particulares de certos servizos e cos demais avisos, reglamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e as boas costumes xeralmente aceptadas e a orde pública.

A tal efecto, o Usuario absterase de empregar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos e lesivos dos dereitos e intereses de terceiros.

  1. LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE

A responsabilidade do emprego da información contida na páxina web é do Usuario.

 

Dispoñibilidade dos Servicios

O CONCELLO DA CORUÑA non garante que as súas páxinas se atopen operativas, nin que os seus contidos sexan completos, exactos ou fiables en todo momento.

O CONCELLO DA CORUÑA resérvase o dereito a modificar en calquera momento, sen previo aviso, os contidos de este sitio web e as Condicións Xerais de Acceso.

No caso de efectuar operacións de mantemento, reparación, actualización ou mellora dos servizos, o CONCELLO DA CORUÑA ten o dereito a suspender temporalmente e sen necesidade de preaviso o acceso ao presente sitio web, así como a reservarse o dereito de prestación ou cancelación dos servizos, sen prexuízo do cal procurará poñelo en coñecemento dos usuarios, sempre que as circunstancias así llo permitan.

Desta forma, exclúese calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que poidan derivarse da falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos seus servizos e a utilidade que os usuarios houberan podido atribuír ao presente sitio web.

 

Contindos non xestionados directamente por este sitio web

O CONCELLO DA CORUÑA rexeita toda responsabilidade sobre a información contida en páxinas web non elaboradas por aquel e, especialmente, sobre os contidos das ,ligazóns publicados na súa páxina web.

A páxina corporativa ofrece ligazóns de outros Web sites que poden resultar dan súa interese. Aínda que o CONCELLO DA CORUÑA trata de asegurar que os web sites de terceiros cumpran os estándares axeitados en seguridade e protección de datos, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente  nos mesmos.

O CONCELLO DA CORUÑA non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de xeito indirecto ou subsidiario, polos danos e prexuízos de toda clase que puideran derivarse do acceso, mantemento, emprego, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes e ofrecidos nos sitios Web non xestionados por esta administración e que resulten accesibles a través do Portal de Emprego do  CONCELLO DA CORUÑA. Non obstante, esta administración se encadra dentro do apartado a) do artigo 17 da Ley 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico (LSSICE), xa que esta administración respecto a ligazóns facilitadas na Web, non teñen coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remite ou recomenda é ilícita ou lesiona ben ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización.

O CONCELLO DA CORUÑA queda eximido de calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivarse da captación e uso por parte de terceiros das informacións e opinións facilitadas polos usuarios á páxina web.

O CONCELLO DA CORUÑA non se fai responsable en ningún caso dos contidos, informacións ou imaxes que non dependan da páxina web, nin estean xestionados polo CONCELLO DA A CORUÑA.

 

Exención de responsabilidade sobre o uso indebido de métodos de autenticación

O CONCELLO DA CORUÑA non se fai responsable do uso indebido de login e password ou calquera outro método de autenticación empregado -certificado dixital, etcétera.- dos Usuarios para o acceso aos contidos e servizos que os requiran e que se ofrezan na páxina web, nin das consecuencias de calquera natureza derivadas do mal uso por parte dos Usuarios, a perda ou esquezo do login e password ou calquera outro método de autenticación, nin do seu emprego indebido por terceiros non autorizados.