Deseña o teu mapa de sons do 31 Noroeste Estrella Galicia e entra no sorteo dun pack #XENTENOROESTE

Deseña o teu mapa de sons do 31 Noroeste Estrella Galicia e entra no sorteo dun pack #XENTENOROESTE
28 Xullo, 2017 gestion

Deseña o teu mapa de sons do Noroeste Estrella Galicia 2017 e lévate un dos pack #XENTENOROESTE, formado por unha camiseta, unha bolsa e un folleto para non perder detalle desta 31 edición do festival.

BASES DO CONCURSO

O sorteo do pack #XENTENOROESTE do 31 Festival Noroeste Estrella Galicia está organizado polo Concello da Coruña, con domicilio social na Praza de María Pita, 1, 15001 A Coruña, e se encontra incluído no Festival Noroeste Estrella Galicia da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento.

O obxectivo deste sorteo é premiar aos seguidores do Festival Noroeste Estrella Galicia nas redes sociais, a súa fidelidade ao festival e o seu interese en vivir e asistir aos concertos.

TERMOS E CONDICIÓNS

Os seguintes termos e condicións aplícanse ao concurso/ sorteo de pack #XENTENOROESTE, que promociona e executa a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento a través das redes sociais:

Os gañadores e gañadoras do concurso recibirán unha bolsa e unha camiseta oficiais do Festival Noroeste Estrella Galicia, así como un programa para seguir os concertos.

O número total de packs sorteados serán 90: 30 en Facebook, 30 en Twitter e 30 en Instagram.

1.- Participantes

Poderán participar todas as persoas maiores de idade, que sexan seguidores das redes sociais do Festival Noroeste Estrella Galicia de Facebook e Twitter.

Quedan excluídos da participación do concurso os empregados do Concello da Coruña e aquelas persoas que participen directa ou indirectamente na elaboración do concurso, así como ningún dos familiares de calquera dos anteriores, en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. Os participantes aceptarán as condicións deste concurso.

2.- Mecánica do concurso

O venres 28 de xullo de 2017 invitarase a todos e todas as seguidoras do Festival Noroeste Estrella Galicia nas redes sociais a deseñar o seu mapa de sons desta edición. Isto consiste en facer unha ruta dos concertos que máis lles interesan, creando así unha guía musical. As rutas non teñen que seguir ningún criterio, aínda que se agradece que estas teñan unha coherencia, ben sexa por xornada, por xénero ou por gustos musicais. O que si, os concertos non poden solaparse.

Os seguidores e seguidoras de Facebook, Twitter e Instagram terán ata as 20.00 horas do mércores 2 de agosto de 2017 para contestar en calquera das 3 redes.

Unha vez finalizado o prazo, entre aqueles e aquelas que responderon seguindo as bases do concurso, farase o sorteo correspondente aos packs #XENTENOROESTE.

O sorteo realizarase o xoves 3 de ás 12.30 horas a través da ferramenta online https://www.sortea2.com/. Nel introducirase o nome dos participantes que respondan correctamente ás preguntas e, de forma aleatoria, a ferramenta seleccionará 30 nomes por rede, que serán os que se anuncien como gañadores dos sorteos.

A ferramenta online https://www.sortea2.com/ seleccionará, ademais da listaxe de gañadores, unha listaxe de suplentes.

3.- Comunicación dos gañadores

Unha vez publicada a listaxe de gañadores e gañadoras en cada unha das redes, estes deberán poñerse en contacto co festival por mensaxe privada facilitando nome e apelidos e DNI da persoa que retirará a invitación e indicando a talla para a camiseta.

Os gañadores terán ata as 10.00 horas do luns 7 de agosto para contactar coa organización e aceptar o seu premio, enviando os seus datos. De non ser así, os packs ofreceranse, por estrita orde do sorteo, aos gañadores suplentes seleccionados pola aplicación (ver apartado 4 das bases).

Os premios poderanse retirar no quiosco municipal da praza de Ourense en horario de luns a venres de 09.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

4.- Suplentes

A ferramenta online https://www.sortea2.com/ seleccionará, ademais da listaxe de gañadores, unha listaxe de suplentes. En caso de que os gañadores non se comuniquen coa organización para facilitar os seus datos e aceptar o seu premio segundo o indicado no apartado 3 destas bases, darase paso a comunicar o premio aos suplentes, en orden estrito segundo os resultados facilitados pola aplicación online.

Os gañadores suplentes deberanse poñer tamén en contacto co festival por mensaxe privada facilitando nome e apelidos e DNI da persoa que retirará o pack e a talla da camiseta.

5.- Dereitos

Os usuarios das redes sociais serán responsables dos seus propios comentarios e/ou publicacións, exonerando ao Concello da Coruña, á Concellería de Cultura, Deporte e Coñecemento e ao Festival Noroeste Estrella Galicia de calquera responsabilidade derivada dos contidos aportados por ditos usuarios. Asi mesmo, a organización resérvase o dereito de excluir do sorteo as respostas que non lle parezan serias, responsables e que cumpran coas esixencias e os preceptos marcados no apartado 2 destas bases.

Os usuarios deberán atender aos termos e condicións establecidos por Facebook, Twitter e Sortea2.com no referente ao rexistro e uso da páxina e as diferentes aplicacións, publicacións, contidos, etc., así como todo o relativo a condicións de privacidade, protección de datos e propiedade intelectual.

6.- Propiedade intelectual e protección de datos

Os participantes, polo mero feito de participar no concurso, aceptan as súas bases e o criterio do Festival Noroeste Estrella Galicia en canto á resolución de calquera cuestión derivada destas bases. Mediante a aceptación da participación no concurso, os gañadores permiten e consenten que os seus datos persoais sexan publicados como gañadores en calquera das plataformas oficiais (web e redes sociais) vinculadas ao Festival Noroeste Estrella Galicia e ao Concello da Coruña.

Os datos persoais subministrados no presente concurso someteranse á política de privacidade e protección de datos que corresponda a cada entidade, así como ás que corresponden ás redes sociais e aplicacións empregadas neste concurso.

Para o coñecemento de calquera litixio que puidera formularse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello da Coruña como os participantes neste concurso sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais da Coruña.