Ariel Rot

Ariel Rot

facebook-icon twitter-icon youtube-icon
CONCERTO: 22:30 horas

Biografía

Un auténtico show de rock no que a Ariel Rot tan só lle fan falta as súas guitarras e un piano. O músico actuará na Coruña cunha posta en escena diferente dentro da súa xira SOLO, para “deconstruir”, como el mesmo explica, algunha das súas cancións. Ariel Rot ofrecerá unha actuación dinámica e única, no que o público será cómplice das súas confesións. O concerto está dividido en tres partes: guitarra eléctrica, acústica e piano, instrumentos nos que Ariel se apoia para non estar so no escenario e cos que repasa toda a súa historia. O seu repertorio abarca máis de 30 anos de cancións, de Tequila a Los Rodríguez, pasando pola súa propia carreira solista, e onde, ademais do seu propio repertorio, tamén gravou excelentes versións, como a nova interpretación de La ciudad no tiene fin, de Moris, en compañía da auténtica aristocracia madrileña.

Actuación de Ariel Rot

Noroeste Expandido – Mércores 5

Desde as 22:30 horas
Castelo de San Antón