Coque Malla

Coque Malla

facebook-icon twitter-icon instagram-icon youtube-icon
CONCERTO: 22:30 horas

Biografía

Coque Malla xa forma parte da historia do pop español. Nace en Madrid en 1969 e con tan só 16 años grava o seu primeiro disco, homónimo, con Los Ronaldos. Despois virán Saca la lengua (1988), Sabor salado (1990), Cero (1992), Idiota (1994) e o directo Quiero que estemos cerca (1996). Tras a súa separación, en 1997, Malla comeza a súa carreira en solitario co disco Soy un astronauta más. Logo de dous traballos máis, en 2011 edita o poderoso e profundo Termonuclear, co que afianza o éxito ante público e crítica. O seu disco de duetos de 2013, Mujeres, un ambicioso proxecto audiovisual no que o cantante fai un exhaustivo repaso á súa discografía, tamén confirma o seu excelente estado de forma. Actualmente, Malla traballa no que será o seu sétimo disco. Dentro da ‘La gira fantasma’, na que se inclúe o Festival Noroeste Rock, o madrileño someterá a xuízo do público as novas canciones, antes de ser grabadas no estudio, nun curioso tour en acústico en lugares moi especiais como é o Castelo de San Antón.

Actuación de Coque Malla

Noroeste Expandido – Martes 4

Desde as 22:30 horas
Castelo de San Antón