En Casa del Herrero

En Casa del Herrero

facebook-icon twitter-icon youtube-icon
CONCERTO: 19:00 horas

Biografía

En Casa del Herrero (ECDH) nace na Coruña como un proxecto persoal de Eduardo Herrero. Constitúe unha aposta decidida pola composición propia e bebe principalmente de fontes musicais americanas de corte tradicional. Eduardo rodéase de catro veteranos da escena local coruñesa: Carlos Clérins (guitarras), Pepe Lamas (baixo), Jorge Quesada (órgano e piano) e Óscar Quintáns (batería). Con eles preséntase en directo en maio de 2013 e grava o seu primeiro traballo, no que colabora o cantautor estadounidense Joel Rafael. O disco recolle críticas moi favorables, que comparan o seu son clásico co de Tom Petty, John Mellencamp ou Elliott Murphy. Finalista do Noroeste Pop Rock 2014, ECDH rexistra ese mesmo verán o seu segundo álbum, con novos temas orixinais e versións autorizadas de Immaculate Fools, Jack Hardy, Willie Nile e Roddy Hart.

Actuación de En Casa del Herrero

Noroeste Expandido – Martes 4

Desde as 19:00 horas
Praza das Bárbaras