Guadi Galego

Guadi Galego

facebook-icon twitter-icon
CONCERTO: 22:30 horas

Biografía

Guadi Galego foi gaiteira e voz do grupo Berrogüeto e formou parte de proxectos tan interesantes como Nordestinas, Espido ou ACadaCanto. Pero é como solista como mellor desenvolveu todo o seu talento. Cun son máis maduro pero tamén máis atrevido, onde mestura a música tradicional galega co pop e co folk, lanzou en 2009 Benzón, o seu primeiro traballo en solitario, acadando fantásticas críticas e conquistando escenarios alí por onde ía. En novembro de 2014 publicou Lúas de outubro e agosto, o seu segunda traballo discográfico en solitario, que a consagra como unha das grandes artistas galegas do momento.

Actuación de Guadi Galego

Noroeste Expandido – Luns 3

Desde as 22:30 horas
Castelo de San Antón