La Bien Querida

La Bien Querida

facebook-icon twitter-icon instagram-icon

Biografía

Xa coa súa primeira maqueta, Ana Fernández-Villaverde cautivou a miles de melómanos. As súas cancións partían dun principio sinxelo pero cunha beleza que desarmaba, fabulosas poesías de amor e desamor. Máis de 150.000 escoitas no seu Myspace levaron a que os seus discos fosen amplamente aclamados polo público español. E neles demostra como a súa ambición vai moito más aló do que reflectían aquelas gravacións caseiras: os seus xogueteos coas rumbas, coas influencias árabes e a electrónica, todo en sutís doses… Deste modo demostraba que o seu discurso musical gañaba aínda máis forza xunto ás súas preciosas letras e as súas melodías directas, sempre secundada polo labor na produción de David Rodríguez. Todo isto granxeoulle portadas nalgúns dos medios máis importantes (EP3-El País, MondoSonoro, Rockdelux). E sempre coa sensación de que a Ana Fernández-Villaverde aínda lle queda moito que ofrecer.

Actuación de La Bien Querida

Noroeste Expandido – Luns 3

Desde as 19:00 horas
Praza das Bárbaras