León Benavente

León Benavente

facebook-icon twitter-icon instagram-icon
CONCERTO: 22:30 horas

Biografía

León Benavente foi unha das maiores sorpresas da escena indie nacional dos últimos anos. En 2012, catro amigos e veteráns músicos do noso país: un asturiano (Luis Rodríguez), un galego (Abraham Boba), un murciano (César Verdú) e un aragonés (Eduardo Baos) reuníronse para dar forma a un primeiro álbum homónimo de dez cancións, que vería a luz en 2013. Procedentes de bandas como Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas, a música de León Benavente bebe eminentemente do rock e engade melodías pegadizas e certos escuros toques oitenteros. Ademais, moitas das súas letras mostran a complicada situación española da época presente. A finais de 2013, o grupo editou un novo EP con catro cancións, Todos contra todos. Ao Festival Noroeste chegan cunha longa e potente bagaxe na estrada despois de tocar intensamente nos últimos tres anos.

Actuación de León Benavente

Festival Noroeste – Venres 7

HORARIOS:
22:30 León Benavente
00:00 Mando Diao
Praia de Riazor