Mando Diao

Mando Diao

facebook-icon twitter-icon instagram-icon youtube-icon
CONCERTO: 00:00 horas

Biografía

Mando Diao chegaron desde a fría Suecia en 2002 para renovar o rock máis clásico. O seu primeiro disco, Bring ‘Em In, catapultounos coma unha das bandas do momento grazas ao seu son cru e brillante de reminiscencias sesenteras. En 2003 a formación orixinal sufriu cambios, pero isto non foi un obstáculo para continuar co seu bo refacho, xa que o seu primeiro álbum internacionalizouse co single Sheepdog. En 2004, o grupo foi aclamado pola prensa musical coma unha das mellores bandas do ano. O seu segundo disco, Hurricane Bar, púxose á venta en 2005 con tres edicións distintas: unha para Europa, outra para o Reino Unido e outra para Xapón. Xa en setembro de 2006 lanzaron o seu terceiro disco, Ode to Ochrasy, que obtivo un gran éxito de forma moi rápida. Nos últimos tempos, a banda non deixou de editar discos nin de dar concertos, aínda que deu un xiro ás súas produccións, moito máis orientadas á pista de baile. O seu último traballo, Aelita, editouse en 2014. Na primaveira de 2015, Mando Diao anunciou que pasaría o verán actuando en festivais sen o seu cantante e guitarrista, Gustaf Norén.

Actuación de Mando Diao

Festival Noroeste – Venres 7

HORARIOS:
22:30 León Benavente
00:00 Mando Diao
Praia de Riazor