May-Thai y Los Torino Rockets

May-Thai y Los Torino Rockets

facebook-icon
CONCERTO: 20:15 horas

Biografía

Tupés, Victory Rolls, pintalabios vermello, traxe elegante, topiños, flores no cabelo e swing, moito swing. May-Thai y Los Torino Rockets son unha banda que ben podería ter chegado até aquí nun túnel do tempo. Pero non, son actuais, elegantes, divertidos e cheos de ritmo. Naceron hai xa cinco anos coa idea de convertirse nunha banda homenaxe ao rockabilly clásico, pero a propia heteroxeneidade dos seus membros e seu natural curioso e inquedo levounos a incorporar rapidamente elementos do jazz, do blues e do swing, e a compoñer algún que outro tema propio. Resistir sen mover os pés a un dos seus directos é misión imposible.

Actuación de May-Thai y Los Torino Rockets

Noroeste Expandido – Mércores 5

Desde as 20:15 horas
Praza de San Nicolás