MJ Pérez

MJ Pérez

facebook-icon youtube-icon
CONCERTO: 19:00 horas

Biografía

Nova artista do panorama musical de Galicia, que compón, toca e canta en galego. O seu primeiro tema Volverei convértese na banda sonora do proxecto audiovisual Ao Vento. A súa relación artística con Iván de Superoito coincide coa creación do que é o seu primeiro álbum Ollos que non ven, síntoma de cegueira.
 Foi finalista do Primeiro Certame de Canción de Autor de Teo e colaboradora no documental Vieiros de Esperanza. Actualmente está mergullada no lanzamento de Guerrilleira, o seu novo álbum temático sobre a guerra.

Actuación de MJ Pérez

Noroeste Expandido – Mércores 5

Desde as 19:00 horas
Praza das Bárbaras