Sensacional

Sensacional

facebook-icon twitter-icon youtube-icon
CONCERTO: 22:15 horas

Biografía

Sensacional é un grupo de pop-rock indie formado por Ricardo Saavedra (voz e guitarra), Ramón Alonso (guitarra e coros), Alejandro González (hammond, rhodes e sintes), Javi Garrido (baixo) e Alberto Dopico (batería). A banda nace na Coruña no inverno de 2013. Tras o seu paso como guitarrista en diversas bandas como Deluxe ou Meu, Ricardo decide comezar outra etapa, ocupándose tamén da voz neste proxecto. Sensacional son un catalizador de todo o bo que o pop de guitarras nos deu nestas últimas décadas. Desde a faceta máis clásica das illas británicas, á forza noventeira dos americanos, sempre levado o seu territorio cunha lírica ben coidada. No seu debut, Relatos e invenciones de hoy, reúnen 12 pequenos himnos. Ecos de Teenage Fanclub, Belle & Sebastian o Love para o primeiro disco longo dunha banda que pode enmarcarse como a nova favorita do indie clásico facturado en casa.

Actuación de Sensacional

Noroeste Expandido – Martes 4

Desde as 20:15 horas
Praza de San Nicolás