Sidonie

Sidonie

facebook-icon twitter-icon instagram-icon youtube-icon
CONCERTO: 22:30 horas

Biografía

Fai agora case unha década desde que Sidonie déronse a coñecer ante o gran público, despois de sorprender co seu primeiro EP Dragonfly (2000), cheo dunha sonoridade moi especial, na que a psicodelia, o rock, a música hindú ou o surrealismo expuxeron ao trío barcelonés a un escaparate mediático. Os seus concertos lendarios, con performance incluida, onde podían rematar nus ou disfrazados, non fixo máis que aumentar a súa popularidade e inmediatamente o seu primeiro disco Sidonie (2001) confirmounos como algo máis que unha promesa. A pesar de beber de influencias como The Rolling Stones, The Beatles ou David Bowie, a inquietude por evolucionar como banda levounos a plantexarse o cambio de lingua no seu disco Fascinado (2005), ao cal seguiron La Costa Azul (2007), El incendio (2009) e Fluido García (2011), verdadeiros mosaicos sonoros de grandes melodías. A personalidade irrepetible de Sidonie supón un novo golpe de aire fresco na industria discográfica, que serve ademais como revulsivo para elevar á banda a un status pouco común, co que conservan a súa identidade artística nunha grande multinacional que apoia todos os seus movementos. O seu disco máis recente, publicado en 2014, é Sierra y Canadá.

Actuación de Sidonie

Festival Noroeste – Xoves 6

Desde as 22:30 horas
Praia de Riazor