Silvia Penide

Silvia Penide

facebook-icon twitter-icon googleplus-icon youtube-icon
CONCERTO: 21:00 horas

Biografía

Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público e que comezan a ver a luz no seu primeiro LP, Kilómetros (2002), e seguen madurando en Invisible (2005) e Desafinante crónica (2007). Con continuos concertos por toda a Península e en salas de países coma Croacia, Italia, Eslovenia, Portugal ou Alemania, o universo particular de Penide nútrese dun cada vez maior número de seguidores fieis á súa proposta. O seu é un pop contundente, repleto de matices e moi coidado. O seu EP Las erres dobles (2010), gravado xunto a Juan de Dios Martín, dá un paso máis aló conseguindo colocar a Silvia na boca de moitos, con boas críticas e mencións. A finais de 2014 é finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega e actualmente atópase promocionando Animal de compañía, álbum que reedita tras agotar varias edicións vendidas e co que segue subindo chanzos e consolidando a súa carreira.

Actuación de Silvia Penide

Noroeste Expandido – Mércores 5

Desde as 19:00 horas
Praza das Bárbaras