The Hellbuckers

The Hellbuckers

facebook-icon youtube-icon
CONCERTO: 21:15 horas

Biografía

The Hellbuckers é un grupo de soul & rock de alto octanaxe, que nace da xuntanza de Carla de Figueredo e Los Eternos. Recentemente fichados pola discográfica Catalana H-RECORDS, gravan o seu primeiro traballo, un single con temas como Won’t be long o Roll with the Punchers, que se esgota xa nos primeiros meses das súa publicación. A base do grupo inspírase nos clásicos do soul das décadas de 1950 e 1960 (Margie Hendrix, Aretha Franklin, Ruth Brown, Freddy King, Mike Pedicin…), pero eles danlle a volta engadindo un toque persoal e intransferible. A asociación de Carla de Figueredo con Los Eternos trae consigo un torrente de enerxía, un son eléctrico cargado de sensualidade, emoción e forza… Este ano 2015 teñen prevista a edición dun novo LP, que editará tamén H-Records.

Actuación de The Hellbuckers

Noroeste Expandido – Mércores 5

Desde as 20:15 horas
Praza de San Nicolás