ENTREVISTA A VALGEIR SIGURðSSON: “Para min a música é visceral e cerebral ao mesmo tempo, non fago distincións”

ENTREVISTA A VALGEIR SIGURðSSON: “Para min a música é visceral e cerebral ao mesmo tempo, non fago distincións”
3 Agosto, 2017 gestion

O islandés Valgeir Sigurðsson é unha das mentes creativas máis inspiradoras da escena musical europea. Compositor, músico e produtor ao mesmo tempo, a súa mente é capaz de dar a luz a un cuarto traballo en solitario, Dissonance (2017), así como de capitanear unha discográfica -Bedroom Community- e compoñer música para cine, teatro e outros proxectos artísticos. Ao longo da súa traxectoria colaborou con artistas como Björk, Brian Eno, Bonnie Prince Billy, Sigur Rós ou Jóhann Jóhannsson, e os seus directos son experiencias absolutamente conmovedoras. Un luxo para o Festival Noroeste Estrella Galicia. Poderaslle ver o xoves 10 de agosto na Fundación Luis Seoane.

Dissonance é o teu cuarto álbum en solitario. Canto tempo estiveches a traballar nel? Como foi o proceso creativo?

Dissonance remóntase a catro ou cinco anos atrás, xa que dúas das pezas eran encargos orquestrais. O proceso foi un pouco longo e tedioso, xa que todo está creado no estudo, capa a capa, con moitos músicos e elementos electrónicos. Así que a experimentación está no corazón do álbum, que tal vez non é o típico para os traballos de natureza orquestral.

Hai quen pensa que a música electrónica pode chegar a ser máis intelectual, mentres que outros cren que é puro sentimento. Que opinas acerca diso?

Non fago esa distinción cando escribo. Para min é visceral e cerebral ao mesmo tempo.

Canto crees que inflúe o lugar de orixe dun artista na súa música? Moita xente sinala á túa conexión con Islandia, así como un músico galego pode tela coa súa terra. Aínda que, tamén é certo, do mesmo xeito, que a túa inspiración parece non ter terra nin tempo específico…

De onde vés e o que experimentas cando estás a crecer -na túa contorna, a xente que che atopas, o tempo, o ambiente, etc.- sempre vai estar profundamente arraigado en quen es, e por tanto, no que creas. É a lóxica de entrada e saída, para ben ou para mal. E, á fin e ao cabo, depende tamén se o oínte quere ou non facer conexións entre certas ideas e lugares.

Cales eran as túas expectativas cando fundaches a discográfica Bedroom Community? Que está por chegar?

Creo que Bedroom Community se ha creado una reputación por sí misma y estoy orgulloso de ello. Ha llegado más lejos de lo que hubiera imaginado. Hay muchas cosas por llegar, es siempre un proceso orgánico, por lo que queda mucho por ver.

Ser compositor, músico e produtor ao mesmo tempo pode parece emocionante pero tamén algo abafador. Como levas esas tres facetas?

Teño unha natureza curiosa e, como un neno, teño que tentar as cousas por min mesmo para sentir que estou a aprender e crecendo. A miúdo pregúntome: “Por que non podo simplemente sentarme a facer música, só facer música, todo o tempo?”. Pero pronto ese pensamento desaparece e atópome envolvido en todo tipo de proxectos. Non podo evitalo.

Colaboraches con moitos artistas ao longo dos anos. Estás a facelo agora con alguén ou tes en mente algunha contribución especial?

Non. Aínda que… realmente, si. Pero estou a resistirme a calquera colaboración fóra de Bedroom Community. Estou metido nun par de proxectos, e compoñendo música nova tamén. E dalgunha maneira sempre é unha colaboración dalgún tipo. Gústame colaborar así que é outra cousa que probablemente nunca deixarei de facer.

A túa actividade creativa esténdese a outros terreos tamén. Que atopas máis interesante de traballar estreitamente co mundo da arte, do cine ou do teatro? De que pezas nas que colaboraches sénteste máis orgulloso?

Sempre estou entusiasmado cos novos proxectos, co seguinte. É o que me fai continuar. Non perdo moito tempo mirando cara atrás.

Xa nos comentaches o laborioso do proceso de gravación de Dissonances. Como estás ao levar ao directo? Que significan os concertos para ti?

Os concertos significan que a música alcanza un novo vehículo e podo desenvolvelo diante dun público, obtendo unha reacción instantánea. Danme un novo motivo para seguir traballando nela e redescubrindo o seu potencial. Nesta xira estou a colaborar con Liam Byrne á viola da gamba, e con Yannick Jacque, que deseñou o compoñente visual.