A playlist de Honky Tonk Lucky: 10 cancións para baixar barriga

A playlist de Honky Tonk Lucky: 10 cancións para baixar barriga
10 Agosto, 2017 gestion

Tras máis de 25 anos formando parte de bandas como The Honky Tonkin’ Boozers, Loveless Cousins ou Os Hound Dogs, Luís Simón, aka Lucky, pasouse á beira escuro e estático do DJ para ofrecer acompañamentos musicais especialmente adaptados para eventos onde o importante é o ritmo e a non moderación. Habitualmente combina cancións de artistas do country, rockabilly e R&B, máis ou menos actuais e de época, tentando non pasarse no axitado do cocktail. Se asistes a unha festa amenizada por el, mesmamente o venres 11 de agosto no Bâbâ Bar, é posible que pique, se se acorda, algún dos discos desta playlist.

 

Darry Weaver – ‘Itty Bitty Betty’

Imprescindible no set, tema que che levanta do asento, con Eddie Cochran na guitarra. Que máis se pode pedir.

Hot Boogie Chillun – ‘Wanna Hear You Scream’

A Hot Boogie Chillun non lles prestei demasiada atención cando apareceron na escena, non eran o meu rolo. Cos anos necesitas enerxía e as súas cancións do principio dancha.

Faron Young – ‘I Hear You Talkin’

Podería elixir moitos temas de Faron Young, pero este é dos que máis convida o baile. É un crooner cantando country.

 The Planet Rockers – ‘Rampage’

Impresionante instrumental. Eddie Angel gravouna varias veces, en solitario e cos seus diferentes grupos, pero esta versión é a que máis me gusta.

Bobby Peterson –  ‘Irrestible you’

Tema máis coñecido na versión de Bobby Darin, que respecta moito o espírito deste orixinal. Chamábanlle Bobby Charles, tocaba o piano, usaba lentes negras, facía versións do mestre e cancións marabillosas como esta.

Pat Capocci – ‘Slave For The Beat’

O ritmo engancha, o vídeo gravado en parte na tenda de discos Sounds That Swing de Londres é estupendo. Este australiano sábellas todas. Temazo.

Max Falcon – ‘Money Back Guarantee’

O tema ideal para levantar calquera sesión.

Long John Hunter – ‘El Paso Rock

Canción efectiva e sinxela, fai que che veñas arriba, como cando camiñas rápido para chegar a casa da túa noiva porque che dixo que non están os seus pais…


The Country side of Harmonica Sam – ‘Look Out Heart’

Este sueco e a súa banda parecen do mesmo Nashville e con esta versión mostran todo o que son capaces de facer. Escólloa porque en 2017 pode soar Honky Tonk de verdade.


Elvis Presley – ‘The Meanest Girl In town’

Como non ía escoller un tema de Elvis a uns días do 40 aniversario da súa morte! Forma parte da banda sonora da película Girl happy e é unha de tantas cancións estupendas de rock’n’roll que gravou mentres non se subía aos escenarios durante os anos 60.

Escoita a lista completa de Honky Tonk Lucky en Spotify.