Os espazos do festival I: a praia de Riazor e o “Noroeste Expandido”

Os espazos do festival I: a praia de Riazor e o “Noroeste Expandido”
14 Xullo, 2017 gestion

O Festival Noroeste Estrella Galicia comezou sendo unha achega musical celebrada unha soa noite no pavillón de deportes de Riazor en 1986, dous anos despois mudouse á praza de María Pita, e a partir de 1989 transformouse en dúas xornadas dunha fin de semana na praia de Riazor. Desde a edición de 2015, o evento decidiu ademais implicar ao resto da Coruña e engadir unha serie de escenarios emblemáticos ao longo da cidade, onde se celebrarían experiencias musicais irrepetibles e inesquecibles. Así puidemos ver ao Niño de Elche entrar en éxtase na contorna dun convento do século XV ou a Neil Halstead gozando como nunca tocando nunha fortaleza do século XVI. Todo isto é o que chamamos o “Noroeste Expandido”. E queremos que ti tamén o vivas.

Toma nota da historia e do encanto que gardan todos estes lugares. Cando os coñezas, seguramente gozarás aínda máis dos concertos, e saberás por que o Noroeste é o mellor festival urbano.

Playa de Riazor. Festival Noroeste 2016 - A Coruña

Praia de Riazor

O quilómetro cero do espírito Noroeste. Aquí empeza e remata todo. Mirando cara ao Atlántico, esta praia insignia da cidade leva acollendo o festival desde 1989. Un oráculo musical que foi testemuña da invocación a figuras como The Cure, Paul Weller, Status Quo, The Stranglers, Mando Diao, Los Planetas, Los Suaves ou Kiko Veneno. Ver amencer tumbado sobre a súa area pode ser o colofón da mellor noite da túa vida.

 

Castelo de Santo AntónCastillo de San Antón. Festival Noroeste 2016 - A Coruña

A cantos conciertos asistiches dentro dunha fortaleza do século XVI? Porque isto non é un parque temático; é un castelo de verdade, que garda un pasado defensivo e carcelario mentres ves transcorrer as centurias aos pes do mar. Un enclave de serie de televisión onde a música fai o resto durante o Noroeste. A íntima e máxica atmosfera que se crea á tardiña convérteno nun escenario desexado por calquera artista. Para si e para o seu público.

 

 

Plaza de San Nicolás. Festival Noroeste 2016 - A CoruñaPraza de San Nicolás

A cidade palpita grazas a esta pequena e céntrica praza que parece alargarse como un gran sorriso cando recibe ao público do festival cada verán. Rodeándoa, a igrexa do mesmo nome, coroada polo santo, e as terrazas e balcóns abertos de par a par para que a música en directo se contaxie polas casas, os comercios e os bares contiguos. Todo o mundo sabe que é tempo de Noroeste. E queren celebralo.

 

Praza das BárbarasPlaza de las Bárbaras. Festival Noroeste 2016 - A Coruña

Coma se do final dun labirinto se tratase, chegar a este escenario situado na Cidade Vella ten a súa recompensa. Permanece calado, discreto e atento; entre o seu cruceiro medieval, o chan empedrado e un convento de clausura do século XV -habitado por monxas clarisas desde 1912-, que o envolve dun halo misterioso proporcionando ademais experiencias extáticas a quen o pisa. Que llo pregunten se non ao Niño de Elche.

Fundación Luis Seoane. Festival Noroeste 2016 - A CoruñaFundación Luis Seoane

Outro escenario que presume do Casco Vello e o seu atractivo. Este museo, templo da obra cultural do pintor e escritor galego que dá o seu nome, é un dos edificios emblemáticos da cidade, comezado a construir no ano 2000 sobre o orixinal de 1703. Pasado e modernidade dándose a man. A súa elección convencerá ata aos oídos máis afinados para vivir unha experiencia músico-artística total.

 

Casa Museo Casares QuirogaCasa Museo Casares Quiroga. Festival Noroeste 2016- A Coruña

O patio desta casa familiar, pertencente ao presidente do Goberno da II República, Santiago Casares Quiroga, onde ademais naceu a súa filla María Casares, soada actriz de orixe galega que fixo carreira no exilio francés, recibe sixilosamente aos poucos privilexiados que caben nel. A sensación de non perderse detalle do que pasa nun concerto estando a menos de dous metros do artista é mellor vivila que contala.

 

Campo da Leña / Plaza de España. Festival Noroeste 2016 - A CoruñaCampo da Leña

Preparade ben os oídos para recibir os decibeis que despide este lugar de tránsito frecuente, convertido en santuario do heavy e os sons hardcore durante o festival. Aquí a cor negra é o que manda -con permiso dalgunha tatuaxe-, e as guitarras as que levan a voz cantante. Mans arriba e a botar ata que as forzas fraqueen. Entón, unha pausa para tomar unha cervexa ben fresca e volta a empezar. Esencia cento por cento Noroeste.

 

Parque do Paseo das Pontes

Despois de tanta velada, a gran pradería do Parque do Paseo das Pontes transmite a calma necesaria para gozar dunha xornada festiva entre amigos e apta para todos os públicos. Este pulmón ao aire libre, en pleno corazón verde da cidade, convida a un día de picnic improvisado, de sesta vespertina e de xogos infantís en familia mentres a música en directo das bandas ameniza unha verbena a plena luz do Lorenzo. E ata que este se poña!

Paseo de los Puentes. Festival Noroeste 2016 - A Coruña