Normas de uso

O Concello da Coruña pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información, propiedade ou xerados por esta administración.  Deste xeito pode atopar dentro do portal web contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:

TEXTOS

Os textos (excepto onde se indique o contrario) do Portal Web do Concello da Coruña están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir baixo a mesma licenza 2.5 España License.

Vostede é libre de:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra.
  • Facer obras derivadas.

Baixo as condicións seguintes:

  • Debe atribuír este traballo a Concello da Coruña (con ligazón).
  • Non comercial. Non pode empregar esta obra para fins comerciais.
  • Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.
  • Ao reempregar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
  • Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor

Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.

 

OUTRO TIPO DE CONTIDOS

As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou á solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario.

Permisos máis aló do alcance desta licenza están dispoñibles a través desta páxina de petición de información.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.

O Concello da Coruña está comprometido coa accesibilidade en todos os ámbitos.

Na convicción de que a accesibilidade non é de interese só para as persoas con discapacidade senón que mellora o acceso á web para todas as persoas, todas as páxinas web municipais empregan tecnoloxías estándar establecidas polo W3C.

As páxinas deste sitio Web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2004 e as Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C. Todos los requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 foron comprobados cunha análise manual da accesibilidade a través de diferentes ferramentas semi-automáticas, axentes de usuario e axudas técnicas.

O grande número de páxinas e persoas que manteñen os contidos web municipais poden facer que se produzan errores que impidan que algún usuario acceda á información. Se atopa algunha dificultade para acceder á información que se ofrece nas nosas páxinas rogámoslle nolo faga saber empregando o formulario de Suxestións e Reclamacións (SyR) ou ben poñéndose en contacto co teléfono de atención cidadá 010 (981 920 010 se chama desde fora do termo municipal).