NOROESTE+

O festival continúa nas salas da cidade

Cando finalizan os aplausos na praia, prazas, rúas e parques da cidade, os locais da noite coruñesa abren as súas portas a DJs residentes e visitantes como sobremesa do menú que propón o Noroeste Estrella Galicia. Pinchadas de música pop e rock internacional e española, clásicos de décadas pasadas e himnos contemporáneos, electrónica alternativa, house, synth pop… que encherán salas imprescindibles da noite coruñesa.