Os espazos do festival IV: o Noroeste +, as mellores sesións de DJs nos locales da cidade

Os espazos do festival IV: o Noroeste +, as mellores sesións de DJs nos locales da cidade
7 Agosto, 2017 gestion

Unha intensa e completa xornada de concertos toca ao seu fin no Festival Noroeste Estrella Galicia, pero o teu corpo pide rematala ao grande. Con algunha proposta que teña que ver coa última banda que acabas de escoitar no escenario de San Nicolás, ou todo o contrario, que che permita introducirche nun mundo descoñecido: unha noite de ska xamaicano, por exemplo. É entón cando sacas o teu folleto e mapa de sons. Éntranche suores frías. É o momento de escoller entre o buffet musical e non sabes por que decidirche… Non te preocupes, este post axudarache a saír de dúbidas.

O suposto é tan só dun exemplo, pero é o que probablemente ocorrerá antes de que che deas conta de que o Noroeste + vai ser a mellor maneira de terminar o día (ou comezar o seguinte) no festival. Unha colección de 24 pinchadas  de DJs -temáticas ou libres- ao longo de cinco noites nos locais da cidade. Todas elas seleccionadas en exclusiva para que non che poidas resistir a seguir movendo os pés. Unha ruta canalla que terás que incluír no teu itinerario se queres vivir ao máximo a experiencia Noroeste.

Desde o primeiro día, o martes 8, terás para elixir entre cinco espléndidas sesións. As vibracións xamaicanas de  Kino L-Cobra, na Repichoca, a orixinal proposta de XoanSinho, en El Ambigú, e de DJ Occy, no Villatuerto, a mestura de rock independente e clásicos de Iago Gordillo, no Sham-Rock Bar, ou o completo percorrido histórico-musical de Reflexión Sonora DJ, no Perla Negra. Vai tomando nota.

O mércores 9 sentirás a chamada de dous dos compoñentes de New Day (Jota e Samu) para que, tras o seu concerto, continúes facéndolles compañía nun dos templos musicais da cidade, o Fuzz Bar. Aínda que dispoñerás doutras catro cartas sobre a mesa: Carlos Dorian, no UmmaGumma, Jordi Pánico, no Black Widow, DJ Flow, no Jazz Filloa Club, e Pálida, en La Maleta.

Rozando case o fin de semana, o xoves 10, será tempo de gozar da sesión tecno-pop-punk do líder de Aviador Dro, Servando Carballar, na Barbería, moi pouco despois do seu concerto na praza das Bárbaras. Aínda que se o teu é máis unha noite de desenfado e desenfreo, estás a pedir a berros o Milagro Day & Night, cunha completa selección de hits de DJ Espinoso Petardpop. Se prefires unha ración de clásicos do rock e do rhythm & blues, mellor será que visites a lendaria sala Mardi Gras para escoitar o que propón a Dani Nel-lo, membro de Los Mambo Jambo. E aínda así, quédanche outras dúas opcións indispensables: o rock alternativo de Stereomotors DJs, no Búnker, ou a sesión máis salvaxe de Pumba DJ, na Malte.

ESPREMENDO DÚAS ÚLTIMAS NOITES DE FESTIVAL

Tras a primeira xornada do escenario da praia de Riazor, o venres 11, cos concertos de Surfin’ Bichos e Kaiser Chiefs, o abanico de posibilidades promete. Poderás aproveitar, e sen moverche do lugar, para bailar toda a noite con Marc Dorian no Playa Club, ou regresar á praza de San Nicolás e facer unha visita ao Valentín, onde che agardará Leia DJ. Non peches a cota aínda, porque che quedarán tres opcións máis onde escoller -e todas elas indispensables-. O xefe Vic I Wanna no Uptown coa súa apetitosa selección retro, a mellor proposta do indie pop por Juanpopp, no Milk Pub, e un colofón a dúo no Bâbâ Bar con Honky Tonk Lucky y Rawthebarber..

Por último, tras o subidón dos concertos de Iván Ferreiro e The Jesus And Mary Chain, haberá que despedir ao grande a última noite do festival, a do sábado 12. Propoñémosche unha sesión chea de clásicos do rock con Adrián Le Freak y Eva Picnic nun dos bares míticos da cidade que tes que coñecer, o Bristol. Ou, tamén, podes decantarche pola selección exquisita de sons negros de Dani Peligro noutro garito histórico da cidade -mellor non te vaias sen facerlle unha visita-, o Garufa Club. Na mesma liga de imprescindibles atópase a sala Filomatic, que contará coa experiencia e sabedoría de Marcos aos pratos coa triloxía infalible de rock-punk-ska. E a experiencia e fino olfacto rockeiro do xornalista musical Tito Lesende protagonizarán a noite do Belmont, outra aposta segura para espremer as últimas horas de nocturnidade no Festival Noroeste Estrella Galicia.