SELECCIÓN NOROESTE

Para gozar tamén desde o patio de butacas

O Noroeste Estrella Galicia da un paso máis e ofréceche a oportunidade de ampliar a túa experiencia musical na cidade. Os teatros Rosalía e Colón acollerán no marco do festival a actuación de artistas moi seleccionados, moi singulares, para aqueles que queiran gozar da súa riqueza desde o patio de butacas. Dúas citas únicas e irrepetibles, co custe dunha entrada de 16 a 22 euros, para gozar durante unha semana de inmersión na mellor música do momento. Aquí, na Coruña.