SESIÓNS MATINAIS

Música na rúa desde a hora do aperitivo

O Noroeste Estrella Galicia amplía a experiencia de festival e adianta o seu comezo ao mediodía. De xoves a sábado, artistas e bandas da escena musical independiente galega e estatal amenizarán rúas e espazos abertos de ocio da cidade levando o ritmo á hora do aperitivo. Un ciclo programado pola asociación cultural sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural que mestura a música coa vida cotiá dos viandantes da Coruña, e co que ademais se contribúe á dinamización da hostalaría local.