The Jesus And Mary Chain únense a Kaiser Chiefs e Surfin’ Bichos como terceiros cabezas de cartel do 31ª Noroeste Estrella Galicia

The Jesus And Mary Chain únense a Kaiser Chiefs e Surfin’ Bichos como terceiros cabezas de cartel do 31ª Noroeste Estrella Galicia
12 Xuño, 2017 gestion

O Festival Noroeste Estrella Galicia confirmou o segundo cabeza de cartel internacional ata a data, incorporado á súa programación, que terá lugar na Coruña do 8 ao 13 de agosto. A praia de Riazor recibirá o sábado 12 ao grupo escocés The Jesus And Mary Chain, unha das formacións de rock alternativo máis influíntes dos anos 80, e en activo nunha segunda etapa desde 2007. Este ano a banda liderada por Jim e William Reid publicou novas cancións nun traballo chamado Damage and Joy que foi acollido con entusiasmo por crítica e público. Ademais de interpretar as súas composicións máis recentes, The Jesus And Mary Chain recuperarán numerosos temas que no seu día os convertiron nun dos pais do noise pop.

Ademais de The Jesus And Mary Chain, o festival confirmou practicamente o groso do cartel con nomes como Kaiser Chiefs, Surfin’ Bichos, Swans, Rodrigo Leao, Indomable, Jules & The Wolf, Cygne, Naranja Imaginario, Captains, The Allnight Workers, The Preachers, Lisa & The Lips, Mielitza, Emilio José, The Soul Jacket, Isaac Peces, Vurro, Proyecto Moucho, García MC, Quique Escamilla, Xoán Curial ou Eladio y los Seres Queridos.

Consultar todos os artistas na sección “Artistas” desta web.

EXPERIENCIA NOROESTE: NOITE E DÍA E DESDE O PATIO DE BUTACAS

Como xa se foi anunciado a semana pasada, tras o Noroeste Expandido -concertos en lugares e prazas emblemáticas da cidade-, as Sesións Matinais -nas que a música tomará a cidade á hora do aperitivo- e o Noroeste + -sesións de DJs en locais e salas-, esta edición o festival ofrecerá un cuarto incentivo: a Selección Noroeste. Un ciclo de concertos que protagonizará a banda estadounidense de rock experimental Swans e o compositor e músico portugués Rodrigo Leão. Ambos os dous subiranse -respectivamente- ao escenario do Teatro Rosalía Castro e do Teatro Colón os días 8 e 9 de agosto (20.30 h) para ofrecer unha experiencia diferente dentro do completo programa do festival. Neste caso, poranse entradas á venda a través do portal ticketea.com a prezos oscilarán entre os 16 e 22 euros.

THE JESUS AND MARY CHAIN

A descarga emocional que producen as cancións da lendaria banda escocesa soamente é superada pola adrenalina vertida nos seus concertos. Desde que se volveron reunir no 2007 -despois de manterse en activo entre 1984 e 1999-, a formación dos irmáns Jim e William Reid non facturara novas cancións. En 2017 o seu flamante e ben recibido disco pola crítica Damage and Joy empuxounos á estrada. E o do Festival Noroeste Estrella Galicia será un dos poucos concertos que dean en España este verán. En pleno estado de forma, xunto ás súas recentes composicións, os popes do noise pop recuperarán himnos absolutos de toda unha xeración como Just Like Honey, Head On ou Between Planets.