Biografía
Familia Caamagno defínense polo seu propio lema: “Hai que andar cos tempos”, frase que dá título o seu segundo traballo discográfico, gravado nos estudios de Jorge Explosion en Asturias. E con eles camiñan, sen dúbida. Unha banda que se gaba de raíces italoamericanas e cabalga entre o garage, o blues, o R&B e o punk cunha facilidade abraiante. O seu é o directo: capaces de facer bailar até as pedras, logran convencer e converter o seu particular estilo en lei sonora alí onde acoden.
Actuación de Familia Caamagno
Noroeste Expandido – Luns 3
Desde as 20:15 horas
Praza de San Nicolás