Los Planetas
Biografía
Los Planetas é probablemente o grupo indie español máis significativo da colleita xurdida nos anos 90. Hoxe con tratamento de clásicos, a banda granadina estrenouse discográficamente en 1993 co EP Medusa –na actualidade, obxecto de coleccionista-, onde xa ofrecían a base do que sería a súa posterior carreira. The Jesus & Mary Chain, My Bloody Valentine, Joy Division e, en xeral, o rock anglosaxón de corte noise con toques psicodélicos, foron as súas primeiras influencias. Filosofía á que se manteñen fieles durante todo o seu percorrido, pese a introducirse en xéneros tan aparentemente dispares coma o flamenco. Con isto, lograron perfeccionar un son único, propio e xenuino, que veneran os seus milares de fans. Desde o seu primeiro álbum, Super 8 (1994), ata o último, Una ópera egipcia (2010). Ao Festival Noroeste chegan ademais con un traballo recén estrenado: o EP Dobles fatigas (2015). Como reza unha das súas composicións, Los Planetas son todo un himno xeneracional.