Balago

Mércores 3 agosto

Biografía

Procedente da Garriga (Barcelona), Balago convertéuse nunha das poucas bandas que exemplifican o ideal da música do século XXI. Con cinco discos ás súas costas, David, Guim e Roger traballan por unha constante evolución no son a través da experimentación. O seu primeiro traballo, Erm (2001) atisba a intención da banda de plasmar un lenzo sonoro que parte da abstracción. O proceso de aprendizaxe, reinvención e recolocación musical marcou El segon pis en 2004, que evolucionou en d´aquii (2008), unha obra mayúscula de redención en clave de aislacionismo radical. Con Extractes d’un diari (2010), Balago explorou a maridaxe entre as paisaxes sintéticas de regusto fantasmagórico, a psicodelia pop e a melancolía urbana a través de breves instantáneas sonoras. O punto e aparte chegou con Darder (2013), un emocionante, dinámico e noctámbulo cóctel dark ambient, krautrock etéreo, kosmische melancólico, no cal a banda parece esquecer algúns dos referentes cos que sempre se asociou. Unha reformulación musical que non traizoa nin desvía o obxectivo prioritario do proxecto Balago: conmocionar ao público con discos que, pese á falta de luz e esperanza, malgastan emoción e sensacións. Isto é o que espera o público do Noroeste Estrella Galicia na que será a súa primeira actuación na Coruña en dous anos.

 

000